top of page

Silleda acolle o día 9 unha xornada de información e sensibilización sobre a saúde mental

Trátase dunha xornada informativa para a veciñanza coa colaboración de varias entidades que traballan pola saúde mental


Laura Moure/Silleda

O vindeiro martes 9 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas, a Praza do Siñor Afranio será o escenario dunha mesa informativa sobre saúde mental, organizada polo Concello de

Silleda en colaboración con Saúde Mental FEAFES Galicia, a Asociación Itínera e a Asociación Fonte da Virxe.

A iniciativa ten como obxectivo achegar información veraz e recursos á veciñanza, poñendo o foco na importancia do coidado da saúde mental e na eliminación de prexuízos arredor dos trastornos mentais. Durante a xornada, o público poderá acceder a materiais divulgativos e conversar con profesionais especializados e voluntariado das entidades

participantes. Ademais poderá obter información sobre temas como: deficinición de saúde mental; mitos e realidades sobre os trastornos mentais; estratexias de autocoidado e benestar emocional; importancia da detección temperá e rede local de apoio e recursos comunitarios dispoñibles.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Con iniciativas como esta, reafirmamos o compromiso do Concello de Silleda coas políticas de prevención, atención e apoio en materia de saúde mental, contribuíndo a mellorar a calidade de vida da cidadanía. Ademais, queremos agradecer a colaboración das entidades participantes, e salientar que con estes recursos buscamos chegar a toda a veciñanza”, destaca Ángela Troitiño, Concelleira de Igualdade e Benestar.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello de Silleda conta dende outubro de 2024 cun plan municipal sobre Saúde Mental, sendo un dos poucos concellos galegos que dispón desta ferramenta.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page