top of page

Silleda acolle o día 27 o acto “Silleda é luz”, ca presentación da xestión do alumeado público

Este Concello publica a lista definitiva de persoas admitidas/excluídas para a praza de animador/a sociocultural


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda organiza este venres, 27 de outubro, o evento “Silleda é Luz”, unha cita aberta a toda a veciñanza na que se presentará o programa de xestión e mantemento do servizo de alumeado público, que asume a empresa Ferrovial. A cita, gratuíta, será na praza Juan Salgueiro de Silleda con actividades para todos os públicos.

O evento comezará ás 18:30 horas, cunha actividade infantil centrada no Samaín. A

continuación, terá lugar a presentación do programa, a cargo do alcalde, Manuel Cuiña, e

representantes da empresa Ferrovial, que continúa cos traballos de renovación das luminarias do municipio a tecnoloxía LED.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O grupo musical Dani Barreiro & Friends actuará en directo, pechando unha celebración na que tamén haberá chocolatada con churros e agasallos para as persoas asistentes.

“Baixo o lema, Silleda é Luz, aproveitamos esta celebración para compartir coa cidadanía os detalles deste proxecto, que dotará á nosa vila dun alumeado sostible, tecnolóxico e

eficiente”, sinala o mandatario.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Por outra banda, o Concello de Silleda vén de publicar a lista definitiva de persoas admitidas para a praza de animador/a sociocultural como funcionario/a interina, a fin de cubrir a baixa médica da persoa que ocupa o posto. O prazo de solicitudes acabou o venres 13 deste mes, presentándose en total 23 persoas, das cales dúas foron descartadas por enviar a solicitude fóra de prazo. Transcorrido o prazo de reclamacións á citada listaxe ou de enmendar deficiencias, as persoas admitidas seguen sendo 23.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A lista pode consultarse no taboleiro de anuncios do propio concello e da sede electrónica e tamén na web do Concello de Silleda. Ademais, as persoas aspirantes admitidas terán que realizar un exame (fase de oposición) o vindeiro martes 31 de outubro, ás 10:30 no Salón de Actos do Viveiro de Empresas Municipal, ubicado no Polígono Industrial Área 33.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page