top of page

Silleda acolle en marzo o Mes do Teatro con sete actuacións en distintos escenarios

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Haberá tres actuacións de pago, para as que se poñerán á venda bonos a partir da vindeira semana


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda organiza o vindeiro mes de marzo un ciclo de teatro con diferentes propostas para todos os públicos. Ademais de dúas actuacións incluídas no programa Máis Escénicas da Deputación, dende a Concellería de Cultura se programan outras 5 actuacións en diferentes espazos.


A primeira das citas será o domingo 9 de marzo, ca obra “Bravas”, protagonizada pola coñecida actriz Isabel Risco. A cita será ás 19:00 horas no auditorio municipal Manuel Dopazo, con entrada de balde, actuación que tamén ven a incluirse no Día da Muller.

O venres 14 de marzo chega a obra Wombo Combo de Galeatro, unha representación á que están convidados todos os centros educativos, e que aborda a deriva virtual, en detrimento da presencial, na que se atopa a sociedade actual. A cita con este proxecto, tamén cunha dimensión didáctica será no auditorio da Semana Verde, ás 12:30 horas.


Na mesma fin de semana, o domingo 16, chega ao Salón Parroquial de Silleda a comedia Monstros, de Excéntricas, unha aposta para toda a familia, con textos de Lucía Aldao e María Lado, na que interveñen Vitor Mosqueira, Patricia Vázquez, Piti Sanz e Rocío González.


Ao centro cultural Vista Alegre chegará o sábado 22 A máquina do tempo, de Teatro Ghazafelhos, tamén o público familiar.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

E domingo 23 a compañía Amorodio Teatro leva ao auditorio Manuel Dopazo a comedia Cortello de Amor, na que se aborda entre outros a problemática da vivenda.


O ciclo, baixo o lema Silleda Teatro, remata na última fin de semana con doble representación en Silleda, no salón parroquial: o sábado 29, chega Máis Sabor! Con Fran Rei e Félix Rodríguez e o domingo 30, poñerá o broche de ouro Ibuprofeno Teatro con Deadpan Karaoke, unha comedia protagonizada por Marián Bañobre.


Da sete actuacións, tres son de pago. Para facilitar a asistencia, tamén se poñerán a venda bonos para ver as 3 funcións (Monstros, Cortello de Amor e Deadpan Karaoke), a un prezo de 15 euros para as tres. O custe da entrada para ver estas tres obras por separado será de 10 euros.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nos vindeiros días dende o departamento municipal de Cultura, que dirixe Mónica González, poñeranse á venda as entradas. Así mesmo, ademais de agradecer a colaboración da Deputación, da Semana Verde, Vista Alegre, e da parroquia de Santa Eulalia, a responsable municipal de Cultura tamén lembra que nos últimos anos se ten apostado polo teatro dentro da programación anual, se ben se decide agora concentrar no mes do teatro estas propostas para fomentar a participación e a dinamización social. Nos vindeiros días, a través das Redes Sociais irase promocionando a programación con máis detalles sobre os distintos espectáculos.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page