Silleda acolle ao promotor de Sumando sonrisas, que percorre España nunha causa solidaria co cancro
- Laura Moure
- 7 nov 2023
- 2 Min. de lectura
Este Concello outorga 41 axudas a estudantes silledenses
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda acolleu esta fin de semana a José Antonio Nieto Peña, un gaditano que está recorrendo España a pé por unha causa solidaria. A través do proxecto “Sumando sonrisas” busca recaudar fondos para loitar contra o cancro infantil, que
irán destinados á asociación “Por una sonrisa”.

A concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño, recibiuno no albergue Santa Olaia, que colaborou tamén con esta causa. O reto supón andar a pé uns 4.000 km en total, superando os 40km diarios. Parteu de Ubrique, municipio de Cádiz de onde é orixinario J. Antonio Nieto, o 2 de setembro e irá camiñando por etapas ata o 2 de decembro. Agora está de camiño a Andalucía, xa en Castela e León.
Por outra banda, o Concello de Silleda vén de outorgar un total de 41 axudas ao estudo para veciños e veciñas do municipio que cursan estudos universitarios e de ciclos formativos durante o presente curso académico. En total presentáronse 58 solicitudes, das que 17 foron rexeitadas por non cumprir cas bases da convocatoria, na maioría dos
casos por superar a renda per cápita familiar ou por estudar dentro do propio municipio.
Publicidade
O prazo rematou o 6 de outubro, logo da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra. A contía máxima, en función da renda per cápita, é de 450 euros.
No caso das axudas para libros e material destinadas a familias que precisan dunha protección especial ou con todos os seus membros en situación de desemprego, o número total de solicitudes rexistradas e concedidas foi de 2. Dende a Concellería de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, resolveranse estas becas nos vindeiros días, coa aprobación das correspondentes contías segundo as bases.
Publicidade
En total, o Concello de Silleda destina a estas subvencións directas ao estudo unha contía de 20.000 euros, continuando co apoio á educación dos últimos anos. O listado de persoas beneficiarias, unha vez resolta a convocatoria e tras a aprobación das mesmas en Xunta de Goberno Local a semana pasada, poderá consultarse na web municipal e tamén no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Silleda.
Comentarios