top of page

Silleda acolle a presentación do libro infantil “O tesouro do Castro da Veiga”

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Será o venres 22 de novembro na Escola de Música Municipal de Silleda


Ecos da Comarca/Silleda

A Escola de Música Municipal de Silleda, acolle este venres 22 de novembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro infantil O tesouro do Castro da Veiga, publicado por Edicións

Fervenza, e do que o lalinense Xoán Carlos García Porral é autor do texto, Santiago Gómez Fuentes foi o encargado da realización do xogo que se pode atopar neste libro e ao que se accede a través de internet e Gabriel Iglesias Sanmartín foi o encargado de darlle vida a través das ilustracións. No acto, participarán os autores Santiago Gómez e Xoán Carlos García Porral, aos que acompañará a concelleira de Cultura do Concello de Silleda, Mónica González. Durante a presentación darase a coñecer o xogo dixital, que se inclúe nesta publicación, o Xogo do tesouro do Castro da Veiga, con acceso a través de código QR.

O tesouro do Castro da Veiga preséntase como un álbum ilustrado a toda cor e en tapa dura, no que os lectores máis cativos descubrirán unha asombrosa lenda da comarca de Deza. Trátase da terceira parte da triloxía sobre a mourindade de Deza elaborada por Xoán Carlos García Porral, e publicada por Edicións Fervenza, cuxas historias son extensibles a toda a comunidade galega e a aquelas zonas nas que os mouros, mouras e tesouros forman parte do imaxinario colectivo.


A primeira obra en saír foi As tres mouras da Fonte Lantana dedicada ás mouras, a segunda Antón e a moura do Lameiro de Viana está dedicada aos mouros, mentres que esta última pretende ter como tema central os tesouros. Unha triloxía ilustrada para nenos, mozos e maiores na que estes seres e obxectos mitolóxicos cobran vida e son postos en valor nunha época na que a perda da memoria colectiva supón unha eiva na identidade comunitaria.


Tal como comenta o autor do texto, Xoán Carlos García Porral: “Coa adaptación desta lenda nun formato de conto infantil trátase de achegar aos máis cativos unha das tantas historias da tradición oral que, nos tempos nos que a lectura era un luxo para poucos, só as narracións contadas permitían transmitir ensinanzas con moita retranca e simbolismo converténdose en parte da nosa propia cultura”. Nese afán por protexer e transmitir o noso ás xeracións vindeiras, nace esta triloxía na que, cunha simboloxía chea de aprendizaxe, os encantamentos e a avaricia se erguen como un protagonista máis.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Cabe destacar que as últimas páxinas dos tres títulos inclúen un apartado didáctico con

explicacións e actividades para que os máis pequenos comproben o aprendido e descubran porque é tan importante manter vivas as lendas ancestrais.


Código QR

Ao igual que no anterior título, Antón e a moura do Lameiro de Viana, esta obra inclúe un

código QR con acceso a un xogo dixital no que aprender máis sobre a lenda deste libro, O

tesouro do Castro da Veiga. O autor do xogo, Santiago Gómez cóntanos que a realización deste xogo: “Está pensado para que sexa un cumprimento ao libro e así dunha maneira distinta teña unha función de aprendizaxe ao que tanto as persoas cativas como as adultas poderán ter acceso de xeito totalmente gratuíto”.


Colaboraron na publicación do libro

A publicación do libro “Antón e a Moura do Lameiro de Viana”, editada por Edicións Fervenza, contou coa colaboración da secretaría xeral da Lingua da Xunta de Galicia.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page