top of page

Silleda acolle a presentación do libro infantil “Antón e a Moura do Lameiro de Viana”

Laura Moure/Silleda

A Biblioteca Daniel Castelao de Silleda (R/ Trasdeza, 90 – Casa da Xuventude), acolle o

xoves 21 de setembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro infantil Antón e a Moura do Lameiro de Viana, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Santiago Gómez

Fuentes, Xoán Carlos García Porral e Gabriel Iglesias Sanmartín. No acto, que estará aberto ata completar aforo, os autores estarán acompañados pola concelleira de Cultura do Concello de Silleda, Mónica González, e o alcalde do Concello de Silleda, Manuel Cuiña.

Cabe destacar que durante a presentación, todas as persoas asistentes poderán coñecer o Xogo de Antón e a Moura, que se inclúe nesta publicación.


O libro

Antón e a Moura do Lameiro de Viana preséntase como un álbum ilustrado a toda cor e en

tapa dura, no que os lectores máis cativos descubrirán unha asombrosa lenda que se agocha no río Deza. Di a tradición oral que “nun salto de auga na parroquia de Pazos, ten lugar unha aparición que se fai presente no amencer do San Xoán... No medio da escura noite pode albiscarse no interior do cadoiro unha grade e un arado de ouro!”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Coa adaptación desta lenda nun formato de conto infantil trátase de achegar aos máis cativos unha das tantas historias da tradición oral que, nos tempos nos que a lectura era un luxo para poucos, só as narracións contadas permitían transmitir ensinanzas con moita retranca e simbolismo converténdose en parte da nosa propia cultura.


Nese afán por protexer e transmitir o noso ás xeracións vindeiras, nace este conto no que,

cunha simboloxía chea de apredizaxe, os encantamentos e a avaricia se erguen como un

protagonista máis. Cabe destacar que as últimas páxinas inclúen un apartado didáctico con explicacións e actividades para que os máis pequenos comproben o aprendido sobre os mouros e o porqué é tan importante manter vivas as lendas ancestrais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Código QR

A maior novidade desta obra está na súa adaptación aos tempos actuais nos que as pantallas de móbil ou ordenador son un máis na vida dos máis cativos, polo que se inclúe un código QR con acceso a un xogo dixital no que aprender máis sobre esta lenda e no que axudarán a Antón na súa aventura.


Colaboraron na publicación do libro

A publicación do libro “Antón e a Moura do Lameiro de Viana”, editada por Edicións

Fervenza, contou coa colaboración do Concello de Lalín e do Concello de Silleda.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page