top of page

Silleda abre a todo o concello o programa de compostaxe para a correcta xestión da fracción orgánica

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Os interesados poden poden solicitar o seu composteiro no Concello totalmente de balde


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda a través do programa Compóstate ben acaba de arrancar a segunda fase do proxecto de compostaxe doméstica. Aínda que inicialmente o programa se centro unas localidades de Silleda e Lamela, agora a iniciativa ábrese a toda a veciñanza do termo municipal.


Con este programa repartiránse 150 composteiros domésticos entre a veciñanza interesada, totalmente de balde, co obxectivo de xestionar os restos de comida xerados no fogar o convertelos en compost. Estes puntos individualizados de reciclaxe poden ser solicitados no Concello a través do teléfono 986 180 239 ou mandando un correo a soledad.rey@silleda.gal, e non terán ningún tipo de custo para a cidadanía.

Esta medida permitirá que, nos fogares que soliciten estos composteiros, se mellore a xestións dos residuos orgánicos, xa que poderán reciclar os restos de comida e restos vexetais de poda e de horta, todo isto sen que salgan da casa aportando así numerosos beneficios dende o punto de vista ambiental, social e económico, xa que ao non ser necesario recollelo nin transportalo ata o punto de xestión, almacenalo e finalmente reciclalo, afórranse emisións de CO2 do transporte e tratamento e o propio custo de xestionalo.


Por outro lado, o participantes no programa obterán como produto final un fertilizante natural de excelente calidade con propiedades que melloran o solo e evitando a compra e uso doutros produtos químicos. Así, os fogares que soliciten para uso individual estes colectores poderán botar restos da cociña como froitas e verduras, carne e peixe, pan, legumes e cereais, ovos e cunchas de moluscos, froitos secos, pousos de café e infusións, panos e papel de cociña sen tinturas. Tamén se poden botar restos do xardín e horta como follas, flores, raíces e restos das colleitas, herba e palla, restos de poda triturados, cinza e serraduras de madeira sen aditivos, papel e cartón.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O Concello agradece a colaboración da cidadanía neste programa xa que os residuos orgánicos poden ser un grave problema medioambiental se non se xestionan correctamente. A súa descomposición sen control produce lixiviados (líquidos cunha alta concentración de materia orgánica) que contaminan solos, ríos e acuíferos e emiten gases de efecto invernadoiro como metano e dióxido de carbono.


Por isto, baixo o slogan Dalle unha nova vida ao lixo. Compóstate ben preténdese concienciar á poboación da importancia de xestionar os restos orgánicos para valorizar e obter un fertilizante natural de calidade, recomendando a veciñanza de Silleda que depositen os restos orgánicos xerados no seu fogar nos composteiros domésticos e que só depositen no colector verde a fracción resto.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page