top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda abre a contratación temporal dun monitor de salvamento e socorrismo para as piscinas

Os outros dous monitores que se precisan para o servizo contrataránse con cargo da subvención da Xunta para o fomento do emprego e empregabilidade


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de abrir o proceso para a contratación temporal de un monitor/a de salvamento e socorrismo para atender as piscinas municipais. As persoas que reúnan os requisitos das bases, que xa se poden consultar na web municipal, teñen 2 días naturais contados a partir deste domingo para presentarse ao proceso (o anuncio foi publicado este sábado). As solicitudes formalizaránse no Rexistro Municipal, aberto de 09:00 a 14:00 horas.

Esta contratación sumarase á de outros dous monitores tamén para este mesmo servizo, que se realizará a través da Oficina de Emprego, coa subvención outorgada pola Xunta para o fomento do emprego e empregabilidade, como en anos anteriores.

As previsións do Concello de Silleda pasan por abrir ao público as instalacións das piscinas municipais de Silleda e da Bandeira na primeira semana do vindeiro mes de xullo. Tamén nos vindeiros días se poñerán á venda os abonos para toda a tempada estival.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page