Silleda aborda ca ONCE a inserción laboral de mulleres con discapacidade, vítimas de violencia de xénero
- Laura Moure
- 22 mar
- 1 Min. de lectura
O plan “Mulleres modo ON” está cofinanciado polo Fondo Social Europeo
Laura Moure/Silleda

A concelleira de Igualdade e Benestar, Ángela Troitiño, reuniuse cos equipos de Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller (CIM) xunto con Tania Martínez, técnica de Inserta Emplea da ONCE, para abordar novas estratexias de inserción laboral destinadas a mulleres con discapacidade, especialmente aquelas que sufriron violencia de xénero. Durante a xuntanza, presentouse o programa Mujeres Modo ON, unha iniciativa que busca ofrecer apoio e ferramentas para mellorar a empregabilidade deste colectivo en situación de vulnerabilidade.
Inserta Empleo e Fundación ONCE acompañan a estas mulleres no proceso de recuperación do control da súa vida a través do emprego e do emprendemento. O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Fundación ONCE.
Publicidade
Ademais, a reunión serviu como punto de partida para establecer unha toma de contacto con mulleres do rural, co obxectivo de analizar as súa necesidades e valorar posibles accións que favorezan a súa inclusión no mercado laboral. Desde o Concello de Silleda reafírmase o compromiso coa igualdade de oportunidades e a loita contra a exclusión social, promovendo iniciativas que melloren a calidade de vida das mulleres e impulsen a súa autonomía.
Comments