top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda, único Concello de Galicia que recibe subvención para a elaboración da Axenda 2030

A resolución só inclue entre as entidades galegas beneficiarias ás Deputacións de Pontevedra e Ourense


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de recibir a resolución do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 na que se comunica a concesión dunha subvención por importe de 57.345 euros a fin de implementar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 no municipio. Silleda é o único Concello de toda Galicia que resultou beneficiado nesta

convocatoria de subvencións por concorrencia competitiva destinadas a acción de impulso da Axenda 2030 para todas as entidades públicas de España.

No listado de entidades beneficiarias só figuran xunto ao concello dúas deputacións galegas, a de Pontevedra e a de Ourense. Do total de 629 solicitudes presentadas, só 56 recibiron esta axuda, cuxa convocatoria foi publicada no BOE o 28 de marzo deste ano.


O Concello de Silleda elaborará con cargo a esta axuda o Plan Estratéxico de Localización e Implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 no municipio. Para elo elaborarase un plan que permita identificar, implementar e facer o seguemento dos ODS, configurando unha folla de ruta a seguir nas principais transformacións que se precisan para dar cumprimento ao aprobado por todos os Estados membros da ONU en favor do desenvolvemento sostible.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tanto o 112 Galicia como o GES de Monterroso indicánnos que o suceso tivo lugar na N-Esta Axenda 2030, que recolle 17 ODS, propón tarefas en todos os ámbitos territoriais esixindo ás Administracións a súa adaptación local a desafíos globais coma o cambio climático, entre outros. O proxecto presentado por Silleda busca favorecer a participación e dar voz a toda a veciñanza, canalizando ademais unha maior conciencia da cidadanía como xeradora de transformación cara a un desenvolvemento máis sostible e inclusivo.


Como resultado da elaboración deste plan estratéxico obterase unha ferramenta para planificar as estratexias a seguir, en coherencia co diagnóstico realizado a nivel local, que establecea as políticas e acción a seguir para incorporar os ODS a todos os ámbitos, detallando compromisos, medios que se usarán e unha programación concreta para

desplegar en Silleda a Axenda 2030, favorecendo cuestión como a loita contra o cambio climático, a transición cara a economías baixas en carbono, a eficiencia enerxética, economía circular, e a aposta por unha sociedade máis igualitaria, entre outras. Na fase diagnóstica implicarase a toda a veciñanza do municipio de Silleda.


“Somos o único municipio galego que acadou esta subvención para elaborar un plan que suporá un paso definitivo para a necesaria implementación dos ODS no noso municipio”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando que Silleda xa deu pasos “importantes no camiño cara a esta consecución como a adhesión do Concello á Rede de Entidades Locais en setembro de 2020”, indica.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Cuiña valora moi positivamente esta nova subveción lograda polo Concello de Silleda, con 57.354 euros, “conseguindo incluso máis recursos que alguna deputación provincial”, engade o rexedor. Ademais, lembra actuacións concretas, no ámbito medioambiental, como a pioneira Rede de Calor con Biomasa, inaugurada en 2018 e que dá servizo a varias instalacións muncipais de calefacción e auga quente, cunha enerxía é máis limpa e sustentable.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page