top of page

"Si é competencia do Concello manter as pistas da súa titularidade en perfecto estado", sinala o BNG de Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

O BNG de Agolada contradí ao alcalde deste municipio, Luis Calvo, e di que si é competencia do Concello manter as pistas da súa titularidade en perfecto estado de conservación e limpeza para a circulación segura de coche e peóns.

Susana Tato, edil do BNG agoladés.

"Ante a noticia aparecida hoxe (por onte) nos medios de comunicación sobre a perda do servizo de ambulancia por parte dun usuario debido ao mal estado de limpeza dunha estrada de titularidade municipal na que o alcalde afirma non ser un problema da súa competencia, o BNG considera que un alcalde que se prece non pode escaquearse das súas responsabilidades en ningún caso, menos aínda cando a persoa afectada é un maior dependente que precisa dun servizo básico de ambulancia para a súa recuperación", sinala o Bloque.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Agora ben, resulta inaudito que o Alcalde sosteña a súa incompetencia para arranxar unha pista dunha das nosas aldeas, pero sexa competente para ir combater a guerra de Ucraina. O que está claro é que a acumulación de excrementos durante todo o verán coas primeiras choivas convértense nunha lameira esvaradiza na que calquera persoa pode caer e calquera coche pode derrapar e bater contra as edificacións laterais. Os concellos do rural teñen moitas deficiencias en servizos, pero aínda é máis grave ter alcaldes inconscientes e con incontinencia verbal. O que debe facer é limpar e permitir o acceso á

ambulancia. Estamos a falar dun caso moi grave, onde se está a xogar ca saúde dun veciño!".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page