Ecos da Comarca/Monterroso
Marcos Waldemar achega a súa maxia a Monterroso nunha gala solidaria que vai ter lugar o sábado 21 de decembro ás 20:00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural.

"O noso ilusionista máis internacional presentou hoxe (por onte) o cartel da gala acompañado polo alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, quen anima a participar neste evento solidario que leva por título 'Inherente, un show de maxia (uni)persoal'", sinala o Concello.
Publicidade
Todos os beneficios serán doados á COGAMI. Os interesados poden recoller as entradas antes de que se esgoten. Están dispoñibles a un prezo de 10 euros en Pazo Ludeiro, Pizzería Bahía, Café-Bar Os Trasnos e Café-Bar Bruselas, todos negocios de Monterroso.
Comments