top of page

Sete ofertas para executar as obras de humanización da rúa da Sobreira e da Gándara, en Boimorto

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A actuación forma parte do Plan Hurbe impulsado pola Xunta, co que se contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais da comunidade


Ecos da Comarca/Boimorto

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibiu un total de sete ofertas de empresas para executar as obras de humanización da rúa da Sobreira e da Gándara, no lugar de Vilanova, no concello de Boimorto. Este contrato foi licitado por case 250.000 euros e a actuación impúlsase ao abeiro do chamado Plan Hurbe que a Xunta promove co obxectivo de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas.


As actuación obxecto do contrato consistirán na execución de beirarrúas en ambas as marxes da rúa Sobreira, previa ampliación do viario existente; e na construción de 42 metros lineais de beirarrúa de 1,80 m de ancho na Gándara.

En concreto, na rúa Sobreira, trátase de habilitar beirarrúas que contarán cunha lonxitude duns 175 metros na marxe esquerda, e duns 120 metros pola marxe dereita e disporán dun ancho libre de paso de 1,80 metros. A execución das beirarrúas suporá a ampliación do ancho do viario e nas zonas verdes das novas beirarrúas prevese a plantación dun total de 11 magnolios con cepellón.


Ademais, baixo as novas beirarrúas da marxe esquerda prevese a canalización de rede de saneamento de fecais, e en ambas marxes contémplase a canalización para a recollida de augas pluviais cos correspondentes pozos e sumidoiros e a instalación de rede de iluminación pública. Nesta rúa Sobreira, tamén se prevé o soterrado das redes de distribución eléctrica de baixa tensión e da telefonía, en ambas marxes da rúa. Así mesmo, debido á nova configuración da rúa, será preciso cambiar o emprazamento dos colectores de lixo existentes, que na actualidade se localizan nunha parcela de titularidade privada.  Completarán a obra a sinalización horizontal e a adaptación de pozos e arquetas existentes á nova rasante.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A intervención na Gándara consistirá na execución de 42 metros lineais de beirarrúa de 1,80 metros de ancho, previa canalización da tubaxe de iluminación pública. Completaranse os traballos coa reposición do pavimento afectado  e a adaptación de pozos e arquetas existentes á nova rasante.


Estas actuacións enmárcanse nun convenio de colaboración asinado entre a Xunta, que asumirá o 70% do orzamento desta intervención; e o Concello de Boimorto, que achegará o 30% restante. As intervencións suporán un investimento global que rolda os 285.000 euros.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page