top of page

Sete farmacias das comarcas de Arzúa e Terra de Melide farán cribados a mozos de entre 12 e 17 anos

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Realizaranse a partir deste luns, 17 de abril


Laura Moure

Na loita contra a pandemia do coronavirus as farmacias teñen un papel fundamental na súa detención. Un número destacada delas participan nunha campaña que ten por obxectivo a detección de casos de Covid-19 en persoas que non manifestan síntomas ou estes son inapreciables, mediante a recollida de mostras de saliva da poboación a través das oficinas de farmacia da provincia. A actuación enmárcase nun convenio de colaboración subscrito coa Consellería de Sanidade, desde a dirección xeral de Saúde Pública, e nunha primeira fase realizouse en farmacias de Pontevedra con boa acollida por parte da poboación e agora tamén se estenderán a toda Galicia. Despois do arranque en Arteixo e Culleredo, a campaña amplíase a toda a provincia da Coruña a partir do luns 19 de abril, nesta ocasión para un cribado dirixido a mozos de 12-17 anos. As farmacias adheridas colocarán un cartel da campaña en lugar visible para favorecer a identificación por parte da poboación e a listaxe completa está dispoñible na web do Colexio Oficial de Farmacéuticos de A Coruña (COFC). Das comarcas de Arzúa e Terra de Melide participan sete farmacias, tal e como informa o COFC.


A farmacia de Touro participante. ( Ecos da Comarca)

Como solicitar un kit?

O farmacéutico pode suxerir a realización da proba ou ben actuar a pedimento do usuario, se este cumpre os criterios de inclusión no grupo de cribado. Segundo isto, o grupo diana son cidadáns que non tivesen resultado positivo en Covid-19 nos últimos tres meses nin sexan contactos de seguimento, non fixesen PCR nos últimos 15 días e non presenten síntomas de infección por coronavirus. Seguindo as indicacións do farmacéutico, deberán tomar a mostra e, no prazo indicado, devolver o tubo á farmacia onde o recibirán e enviarán ao laboratorio de referencia. Se o resultado é negativo recibirase unha mensaxe de texto ao móbil, e se é positivo deberase realizar unha PCR e seguir as pautas das autoridades sanitarias.


Esta é a listaxe de farmacias das comarcas de Arzúa e Terra de Melide:




COMARCA DE ARZÚA

  • Arzúa: Mosquera De Valdivielso, Alicia María. Rúa Ramón Franco,31 981 501 371

  • Arzúa: Saavedra Robledo, Manuel. Rúa Padre Pardo, 34 981 500 041

  • O Pino: Pazos Esteban, Salvador Y Maria . Avenida de Lugo nº 6 Arca (Santa Eulalia) 981 511 054

  • Touro: Pintado Conde, Ángel María. Calle Isabel II, 7 981 504 152


COMARCA TERRA DE MELIDE

  • Melide: Devesa Oro, María Luisa. Ronda de A Coruña, 60 981 505 380

  • Melide: Fernández Valiño, Begoña. Rúa Progreso, 3 981 505 078

  • Melide: Perteagudo Vazquez, Ana Isabel. Ronda de Pontevedra nº 69 881 976 604


En días pasados publicamos a relación de farmacias participantes na comarca de Deza, que son 18. Neste enlace podedes consultar cales son:



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page