Sete deportistas do Atletismo Deza participaron no Campionato Galego de Marcha Atlética
- ecosdacomarca
- 29 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza

Sete deportistas do Club Escola Atletismo Deza asistiron esta fin de semana ao Campionato Galego de Marcha Atlética en Pobra do Caramiñal (A Coruña). O Club conseguiu ter representación tanto na categoría feminina como masculina e cabe destacar que a maioría acadaron superar ou fixar unha boa marca persoal, de cara as seguintes competicións.
"Foi unha grata xornada, con moi bo ambiente deportivo e que lle serviu aos deportistas para ir tomando contacto coas diferentes competicións de atletismo", destaca o clube dezá.
Komentarze