Sete anos da desaparición de Salvador García Sánchez, veciño de Toques
- Laura Moure
- 1 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Toques
Hoxe queremos lembrar, ao igual que SOS Desaparecidos Galicia, a Salvador García Sánchez, veciño de Toques, que leva en paradoiro descoñecido dende o 1 de outubro de 2017. Xa son sete anos sen noticias del.

Publicidade
Salvador García faltou o 1 de outubro de 2017, con 59 anos, da residencia para discapacitados na que se atopaba, que está situada no municipio lucense de Bóveda. A última pista que se ten del e que o viron camiñando daquelas pola estrada que enlaza Monforte con Sarria.
Oxalá algún día os seus seres queridos teñan a resposta do que se pasou con Salvador.
Comments