O obxectivo é fomentar a igualdade, foi elaborado por No Majors Estudio Creativo e o texto é obra da artista silledense Cristina Collazo
Laura Moure/Agolada
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Agolada, dirixido por Marcos Galego, lanza un vídeo para fomentar a igualdade. É unha iniciativa que se fixo ao abeiro da subvención concedida a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Foi gravado no mes de xuño.
É un proxecto que foi realizado por No Majors Estudio Creativo e o texto foi creado pola
artista silledense Cristina Collazo. Leva por título Nós propias e pon en valor á muller en tódolos ámbitos da vida cotiá. E de feito, as protagonistas son mulleres do municipio agoladés.
O vídeo lanzado polo departamento de Servizos Sociais do Concello.
“En Agolada non tiñamos ningún referente visual sobre a muller. E cremos que tamén é importante transmitir a través deste medio este tipo de reivindicacións para poñer en valor a figura da muller do rural e tamén doutros ámbitos da vida cotiá”, indica a traballadora social de Agolada, Laura Reboredo, quen sinala que tivo moi boa acollida a idea entre as mulleres ás que se lles propuxo participar. “Todas elas aceptaron á primeira”, agradece Reboredo.
O vídeo darase a coñecer este xoves nas redes sociais e na páxina web do Concello de Agolada.
Kommentare