Servíronse máis de 3.000 mini hamburguesas no Concurso Camburguer celebrado en Rodeiro
- Laura Moure
- 13 jun
- 1 Min. de lectura
As mini hamburguesas que recibiron maior puntuación foron a do Bar Recanto, seguida da do Gastro Bar Desito e a da Casa Sánchez
Laura Moure/Rodeiro
A concellería de Cultura de Rodeiro, que xestiona Xulia Dacal, informa que o Camburguer celebrado no mes do Sabor Labrego neste concello, "tivo un rotundo éxito segundo as declaracións dos nosos hostaleiros. Servíronse máis de 3.000 mini hamburguesas, e o movemento xerado nos locais participantes foi recoñecido por todos eles xerando un movemento económico importante".
Ademais, sinala que unha vez feito o reconto das papeletas "fixemos entrega dos diplomas acreditativos ás tres mini hamburguesas con maior puntuación do público no Concurso de Camburguer de 2025".

Así as tres coa maior puntuación son:
1º. Bar Recanto - Cambotiña do Recanto.
2º. Gastro Bar Desito - Purple Burguer.
3º. Casa Sánchez - A Ele Efe. Recanto.
Publicidade
No mesmo acto celebrouse, ante os asistentes, o sorteo de cinco lotes de produtos Sabor Labrego como premio ás persoas participantes e as/o s premiados foron:
Ana Ledo García
Dolores Carballa
Ana Ledo García
Jesús Baldonedo Soto
Patricia Carral Fernández
Komentari