Sergio Fernández e Manuel Osoro e David Calvo, vencedores do Rallymix de Touro
- ecosdacomarca

- 3 may
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
Sergio Fernández Figueiras, aos mandos do LaBase SX01 na clase A, e Manuel Osorio e David Calvo, na B, foron o vencedores da oitava edición do Rallymix Concello de Touro, segunda proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.

Fernández Figueiras, dentro da clase A, escalou ata a primeira praza da clasificación na derradeira manga, ao superar a Alfonso “Pisko” Ventín, que finalmente foi o segundo clasificado a 1,2 segundos.
O terceiro posto da clasificación foi para Javier Ramilo “Kobas”, a tan só tres segundos da vitoria, con Darío Calviño a pouco máis de catro, nunha xornada de competición apaixoante e tremendamente igualada entre os carcross.
O quinto posto da xeral absoluta e primeiro dentro da clase B foi para Manuel Osorio e David Calvo, a 23 segundos do primeiro posto da xeral, pero cunha vantaxe holgada sobre o segundo dos clasificados da súa clase.
Publicidade
Tino e Jorge Iglesias clasificáronse no segundo posto da Clase B a 1:12 minutos dos vencedores, mentres que o terceiro chanzo do podio foi para Enrique Castro e José Fernández, no Mitsubishi Lancer Evo VI, a 3:59 minutos de Osorio e Calvo.
Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo finalizaron na cuarta posición entre os integrantes da clase B e primeiros dentro da Copa Pirelli. Juan José Pintos e Roberto Rodríguez e Marcos Lousa e Raúl García foron segundos e terceiros neste formato promocional, respectivamente.
Publicidade
Precisamente Cagiao e Bergondo foron os vencedores da Copa Iniciación Escuderías, seguidos novamente de Lousa e García, pero con Fran Abalo e Joel Souto, na terceira praza.
A próxima proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallymix terá lugar no mes de xuño, con motivo do Rallymix Sidra da Estrada. NOS VINDEIROS DÍAS PUBLICAREMOS VÍDEO DO RALLYMIX DE TOURO.








Comentarios