Será o 28 cando remate o prazo para anotarse no obradoiro de Emprego de Arzúa, Santiso e Boimorto
- ecosdacomarca
- 26 sept 2021
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Comarcas Arzúa/Terra de Melide
Os concellos de Arzúa, Boimorto e Santiso traballan conxuntamente na realización dos trámites que permitan a contratación das 20 persoas que nas vindeiras datas participarán no Obradoiro dual de Emprego “Arzúa-Boimorto-Santiso” no que se impartirá a especialidade de “ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA”, tralo anuncio da Consellería de Emprego e Igualdade no que se compromete ao financiamento deste programa mixto de formación e emprego mediante a concesión dunha subvención que alcanza os 346.946 euros.
Hai uns días informábase que o prazo para anotarse remataba o 30 de setembro, pero finalmente, como anuncia o Concello de Santiso, será o 28.

NOTICIA RELACIONADA:
Comments