Semana de formación en Madrid do alumnado da EFA Piñeiral de Arzúa
- Laura Moure
- 11 feb 2024
- 2 Min. de lectura
O programa persigue a mellora da cualificación nas distintas áreas formativas dos ciclos de formación profesional das familias comercio, márketing e publicidade, educación infantil e e sanidade
Laura Moure/Arzúa
O alumnado dos ciclos formativos da Efa Piñeiral, Arzúa, participou esta semana en Madrid no programa de formación e emprendemento con mozos do medio rural da Federación EFA Galicia. Os alumnos dos ciclos medios e superiores de comercio, márketing e publicidade, do ciclo de auxiliar de enfermaría e do de educación infantil desprazáronse ata a comunidade madrileña para capacitarse da man de destacados profesionais dos seus respectivos ámbitos laborais.
Publicidade
O programa de actividades iniciouse co encontro no Congreso dos deputados cun grupo de congresistas ós que unha delegación de alumnos puido expoñer as conlusións da investigación por eles realizada sobre necesidades e oportunidades dos novos no medio rural. A continuación realizaron unha visita ó hemiciclo organizada pola deputada Marta González.
Os estudantes do ciclo superior de Educación Infantil participaron na actividade diaria dos
colexios da capital madrileña Montealto e Tajamar coñecendo unha realidade de aulas
diferente á que se poden atopar na comunidade galega. Completan a súa axenda semanal a visita ás iniciativas El Dragón Lector, Brain Nursery School e Alopekes.

Centros e profesionais sanitarios de referencia como os do Samur ou os hospitais La Paz,
Gregorio Marañón, La Laguna ou Ramón y Cajal foron os encargados da instrución do grupo de futuros técnicos en coidados auxiliares de enfermería.
Pola súa banda, os alumnos dos ciclos medios e superiores de comercio, márketing e
publicidade desfrutaron de sesión formativas da man de Román Iglesias, fundador de Murph Media, axencia e consultora de comunicación internacional, de Autocontrol, do equipo da escola de creatividade Canela, dos responsables de eventos de NH Collection Real Casino de Madrid e o hotel Meliá Princesa, así como dos profesionais a cargo da estratexia de atención á clientela internacional de El Corte Inglés. Coñeceron asemade espazos comerciais singulares como La Real Fábrica, Colchonería Cuesta ou Las Rozas Village.
Publicidade
Casa de Galicia de Madrid
Como vén sendo habitual, a Casa de Galicia de Madrid acolleu parte do programa das sesións dos ciclos de comercio, márketing e publicidade. Así trala benvida institucional do presidente Juan Carlos Serrano, desenvolvéronse varias charlas técnicas con expertos do márketing e da publicidade das iniciativas empresarias The Turtle Academy, Wade Agency, Momoc Shoes ou profesionais como Ramón Brea ou Mike Maizonda.
“Descubrir novas realidades profesionais, aprender doutras experiencias e acercar ao
alumnado a unha pluralidade de entornos empresariais e profesionais que complementan o
seu coñecemento é o obxetivo deste programa formativo”, indica Raquel Carregal, directora do centro formativo.
Comments