top of page

Semana de actividades conmemorativas da infancia na EFA Piñeiral

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Arzúa

Baixo o lema Semana da Infancia alumnado e profesorado do ciclo superior de Educación Infantil do centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral,(Arzúa), están a realizar esta semana un programa de actividades que poñen o foco en diversos aspectos do coidado e educación infantil.

A semana arrancou cunha dinámica de sensibilización protagonizada polo alumnado do ciclo superior de educación infantil sobre a convención dos dereitos da infancia. O martes, o centro arzuán acolleu a mesa redonda A educación infantil como garante dos dereitos na infancia, coa participación de Carmen Pomar, doctora en psicoloxía infantil e docente na universidade de Santiago de Compostela, Ángeles Santamarta, directora do Colegio Nuestra Señora del Rosario en Arzúa e Carla Bartolomé, xurista.


Neste coloquio expúxose a necesidade de que todo técnico en educación infantil teña os coñecementos e habilidades precisas para comunicarse con menores, aínda cando estes non son capaces de verbalizar, ou incluso de falar. Tamén a importancia de educar no lecer e a necesidade de establecer un tándem ben cohexionado entre familias e centro educativo. “O proceso educativo é un, é preciso crear comunidade educativa, é importante proporcionar ós cativos límites e traballar dende a coherencia familia-escola”, afirmou Carmen Pomar.


A programación da Semana da Infancia contempla as tertulias técnicas Dereito da Saúde; o que podemos previr e non facemos a cargo dun profesional da saúde, e A importancia de educar no ocio e no tempo de lecer protagonizada por Ángela de Valenzuela, doctora en educación e que se celebrou este xoves.


Como colofón ás actividades, o sábado 20, a Asociación Piñeiral organiza a conferencia Aspectos legais na intervención con menores, impartida por Mónica Iglesias, abogada de familia e menores.


As actividades son de balde e contan con aforo limitado.


Para máis información, os interesesados pódense comunicar coa Efa Piñeiral no 667 505 657.

0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page