Arrancaron este martes e prolongaranse ata o día 30
Laura Moure/Palas de Rei
Un grupo de hostaleiros de Palas de Rei únense, nunha iniciativa conxunta de dinamización do sector, na organización das primeiras xornadas gastronómicas de tapas de Nadal nesta localidade que terán lugar dende onte, día 26, ao 30 de decembro, nos seis establecementos participantes na iniciativa. Son Arenas, Xaniño, Reloxería, Fornos Valín, Casa do Outeiro e Quinto Carallo.
Publicidade
Nas xornadas de tapas, cada establecemento participante presenta dúas tapas saladas e unha doce que entrarán nun concurso de tapas de Nadal, con diferentes propostas, orixinais e innovadoras destas datas.
Publicidade
Nos citados establecementos, os clientes póden adquirir unha cartilla por valor de 5 euros que dá dereito a unha tapa por establecemento, nos seis establecementos participantes no concurso de tapas. Se o cliente esgota a cartilla sellando nos seis participantes (consumindo seis tapas) entra no sorteo de 10 ceas para dúas persoas nun deses locais participantes.
Publicidade
Os organizadores da iniciativa animan a cidadanía a participar e degustar as creacións gastronómicas do concurso.
Comentarios