top of page

Seis dos mellores ilusionistas do mundo, entre eles o melidense Dani Polo, participarán na Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona

Será o sábado, 5 de outubro, no Auditorio Municipal de Ourense


Ecos da Comarca/Melide

O delegado territorial da Xunta en Ourense Manuel Pardo, participou onte na presentación da Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona que se desenvolverá o sábado, 5 de outubro, no Auditorio Municipal de Ourense e na que participarán seis dos mellores ilusionistas do mundo: Jerome Murat (Francia), Kimoon Do (Corea do sur), Lore Lavand (Arxentina), Nestor Hato (Francia),  Mago Murphy (Madrid),  Manolo Costa e Mindanguillo (Elche),  Sebastian Dethise (Bélxica), Dania Díaz (Venezuela), Jimmy Delp (EEUU) e o melidense Dani Polo (Galicia). As entradas teñen un prezo de 16,60€ no anfiteatro e de 19,80€ na platea central e lateral e están á venta na web do Festival (www.galiciailusiona.es).


O delegado territorial destacou que se trata dun evento “que medra cada ano na calidade dos magos e ilusionistas nacionais e internacionais que participan e tamén no público que acode ás funcións”. Neste punto, tivo palabras de agradecemento para os directores do festival, Dani Polo e Pedro Bugarín.


Subliñou Manuel Pardo que a Xunta apoia esta iniciativa co obxectivo de converter a Galicia en referente e epicentro da maxia a nivel mundial e, ao mesmo tempo, levar e encher de ilusión toda a comunidade.

Para o representante do Goberno galego, “temos que sentirnos orgullosos do traballo realizado dende tódolos sectores, xa que gracias a elo, somos un destino elixido por milleiros de persoas para visitar e, por suposto, de ter esa maxia que nos fai tan especiais aos galegos e de que sigamos sendo o destino favorito para a celebración de actuacións tan espectaculares como, estou segura, levarán a cabo os participantes deste festival de ilusionismo”.


Tamén salientou Manuel Pardo que o éxito alcanzado nas dúas edicións previas con 70.000 espectadores “afianzan un evento que cada ano se consolida na axenda de Galicia como un foco de atracción de visitantes e afeccionados á maxia”. Neste punto, fixo referencia aos 30 países de procedencia do público que acudiu nos últimos anos.


Obxectivos

Un dos obxectivos deste festival é ser un referente a nivel nacional, polo que se pretende elevar a arte da maxia a un novo nivel. Trátase dun dos festivais máis ambiciosos de Europa (en canto a número de accións, artistas e duración) coa posibilidade de que a marca Galicia sexa moi potenciada a todos os niveis. Debido a isto, búscase crear unha experiencia única e espectacular, atendendo polo miúdo a cada un dos detalles.


Publicidade

A nivel artístico, é fundamental  potenciar tres factores: contar coa presenza dos mellores e máis premiados ilusionistas do momento e do mundo, priorizar a igualdade neste mundo emerxente, coa presenza de Magas e Magos, en todas as accións que se levarán a cabo, e apostar pola maxia galega, contando con magos e magas galegos/as para unha boa parte dos espectáculos.


A nivel técnico, cóntase cos mellores e máis actuais equipos posibles. Toda unha exhibición de luz e son, con presenza de pantallas led e efectos especiais, tales como explosións pirotécnicas controladas ou canóns de confeti, serán un dos puntos fortes que complementen os actos dos mellores magos do mundo na Gran Gala Máxica Internacional.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page