Laura Moure/Toques
Dúas desaparicións de dous veciños das comarcas no mes de outubro e nun ano de diferencia. Hai uns días lembramos a Julio Félix Fernández Vázquez, veciño da parroquia silledense de Saídres, que leva desaparecido dende o ano 2018. Pero hoxe queremos lembrar tamén a Salvador García Sánchez, veciño de Toques, que leva en paradoiro descoñecido dende o 1 de outubro de 2017.

Cada ano a Asociación SOS Desaparecido lembra esta desaparición. Salvador García falta dende o 1 de outubro de 2017, con 59 anos, da residencia para discapacitados na que se atopaba, que está situada no municipio lucense de Bóveda. A última pista que se ten del e que o viron camiñando daquelas pola estrada que enlaza Monforte con Sarria.
Publicidade
Estas desaparicións non deben quedar no esquecemento, porque hai uns familiares que non pasa un día que añoren ao seu ser querido e ademais, viven nunha incertidumbre total ao non ter respostas sobre o que puido pasar con eles. Ogallá algún día as teñan!
Publicidade
NOTICIAS RELACIONADAS:
Noticia da desaparición de Salvador García publicada no ano 2021: https://www.ecosdacomarca.com/post/contin%C3%BAa-desaparecido-dende-2017-salvador-garc%C3%ADa-s%C3%A1nchez-veci%C3%B1o-de-toques
Noticia da desaparición de Salvador García publicada no ano 2022: https://www.ecosdacomarca.com/post/cinco-anos-sen-noticias-de-salvador-garc%C3%ADa-s%C3%A1nchez-veci%C3%B1o-de-toques
Noticia da desaparición do silledense Julio Félix Fernández publicada hai uns días: https://www.ecosdacomarca.com/post/c%C3%BAmprense-cinco-anos-da-desaparici%C3%B3n-de-julio-f%C3%A9lix-fern%C3%A1ndez-v%C3%A1zquez-veci%C3%B1o-de-silleda
Comments