top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Seis anos da desaparición de Julio Félix Fernández Vázquez, veciño de Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

E un 11 de outubro máis queremos lembrar a Julio Félix Fernández Vázquez, veciño da parroquia silledense de Saídres que desapareceu fai hoxe xusto seis anos. Dende ese día os seus familiares viven nunha incertidume total sen saber que foi del.

Desapareceu, con 72 anos, o 11 de outubro de 2018 cando saíu a dar un paseo. Vivía no lugar de Aldea Grande, nesta parroquia. Durante semanas familiares e voluntarios estiveron peinando distintas zonas para intentar dar co seu paradoiro, usáronse distintos medios e incluso, chegaron dende Madrid cans de rastreo que participaran noutros casos destacados de desaparecidos. Cada xornada, era unha nova esperanza de que ese ía ser o día, o día de atopalo. Pero por desgraza, dende iso xa van seis anos.


Publicidade

Por desgraza, esta desaparición súmase a moitas outras, pero ningunha persoa debe caer no esquecemento, porque detrás hai unha familia que segue agardando por ela.

0 comentarios

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page