top of page

Sedexpo 2025 será do 26 ao 28 de marzo punto de encontro dos sectores de seguridade, defensa e emerxencias

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Será no recinto da Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda


Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO, ultima xa a súa terceira edición, a cal terá lugar do 26 ao 28 de marzo no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra). Nesta nova cita reforzaranse os principais obxectivos do proxecto. Así, creará un espazo para que o sector mostre todas as súas ferramentas, novidades e capacidades dunha forma dinámica, contribuíndo tanto a impulsar a investigación, a innovación e a transferencia tecnolóxica como a promover o carácter dual e aplicacións civís. Así mesmo, será unha cita para poñer en valor o labor dos profesionais que traballan nestes ámbitos imprescindibles para o benestar e a protección social, fomentando ademais a cultura de seguridade e defensa no cidadán e facéndoo partícipe no mundo das emerxencias.

Nesta edición importantes empresas e entidades mostrarán interesantes novidades e iniciativas, expoñendo equipamento e sistemas de seguridade pública e privada, material para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Protección Civil e Emerxencias; equipos de protección individual, tecnoloxía aplicada, ferramentas de ciberseguridade, análise e intelixencia; solucións de prevención de riscos laborais, equipos de emerxencias, dispositivos de detección e extinción de incendios, robótica, aeronáutica, simulación e servizos de consultoría e enxeñería, entre outros.


Dinamismo e transferencia, elementos diferenciadores

Sedexpo 2025 reforzará nesta edición os seus elementos diferenciadores, o seu interesante programa de xornadas e o carácter dinámico do certame. En canto ao primeiro, ultímase xa un programa de conferencias que abordará interesantes aspectos da actualidade e restos destes tres sectores. Respecto ao dinamismo, volve conformar unha dos seus sinais de identidade, permitindo mostrar en funcionamento produtos e sistemas que noutras feiras se expoñen de forma estática.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

E farao a través de demostracións in situ das súas funcionalidades e tamén de simulacros que mostran as capacidades e labor de distintas entidades de emerxencias e Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Para iso a Feira Internacional de Galicia ABANCA dispón dunhas excelentes instalacións feirais que ofrecen a posibilidade de realizar todo tipo de accións polas súas dimensións, diversidade de espazos e versatilidade. Non en balde, o recinto conta con 400.000 metros cadrados de superficie, múltiples pavillóns, auditorio para 624 persoas, 55.000 metros cadrados de espazos exteriores para exposición ou actividades, lago artificial e ring con bancadas cubertas.


Unha proposta que de novo está apoiada, desde o seu comité organizador ou como colaboradores, por unha vintena de entidades, departamentos da Xunta de Galicia e da Administración Central e colectivos vinculados cos sectores implicados.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page