Satisfacción pola boa valoración das participantes na Escola de Familias de Touro
- ecosdacomarca

- 26 jun 2025
- 1 Min. de lectura
Esta actividade está dirixida a familias da comunidade escolar e acolleu sete obradoiros
Ecos da Comarca/Touro
Ao longo do curso escolar 2024-2025 o Concello de Touro, a través da área de Servizos Sociais, desenvolveu o programa Escola de Familias, en colaboración ca ANPA A Santaia do CPI de Fonte Díaz e co conxunto da comunidade educativa.

Esta actividade está dirixida a familias da comunidade escolar. Desenvolveuse a
través de 7 obradoiros impartidos cada un por profesionais nas distintas materias e
coordinados pola educadora social do Concello. Os contidos abordados responderon ás necesidades expresadas polas familias e adaptáronse aos intereses e preocupacións actuais na crianza e educación dos seus fillos/as; cos seguintes títulos:
● Malos fumes.
● Saúde mental infantil.
● Saúde afectivo-sexual.
● Non son capaz de controlar a educación dos meus fillos.
● Socorro, o meu fillo non me entende.
● Pais e nais conectados (protección no mundo dixital).
● Os meus fillos non me contan nada.
Publicidade
A enquisa de valoración feita ás familias desprendeu un resultado altamente
satisfactorio, tanto na organización como nos contidos, metodoloxía, poñentes e utilidade práctica. Así mesmo recolléronse suxestións, inquietudes e necesidades de cara a programación do vindeiro curso 2025-2026.
Publicidade
O Concello congratúlase do compromiso das familias ca educación consciente e actualizada, e da colaboración no deseño dunha programación útil, cercana e aliñada cas realidades do día a día.








Comentarios