Nova normalidade en Galicia a partir do vindeiro sábado 22
Ecos da Comarca / Terra de Melide / Deza
Centro de saúde de Arcediago, Santiso
Fonte: Ecos da Comarca
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento dos seguintes niveis:
Nivel máximo de restricións no concello de Lobios.
Nivel alto de restricións nos concellos de Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña, Ponte Caldelas, Mos, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Oleiros.
Nivel medio de restricións estarán os concellos de Boborás, O Barco de Valdeorras, Santiso, Boiro, Rianxo, Padrón, Ordes, Valga, Ames, Carral, Fisterra, Cee, Bueu, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Cangas, Moaña, Salceda de Caselas, Chantada, Viveiro e Cervo.
Resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio-baixo.
O comité tamén acordou permitir as ceas ata a unha da madrugada nos locais de hostalería, independentemente de se teñen licenza ou non de restaurante. Polo tanto, os locais que dean ceas, poden dalas nas mesmas condicións que os restaurantes.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 22 de maio.
留言