top of page

Santiso recibe case 26.000 euros da Xunta para mellorar o antiguo CEIP de Visantoña

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou onte as actuacións


Laura Moure/Santiso

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou onte as melloras que se executaron no novo local cultural no antiguo CEIP de Visantoña dentro da convocatoria da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dirixida a concellos, e destinada a mellorar o equipamento e as instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais en concorrencia competitiva. Concretamente, este Concello recibiu unha achega de case 26.000 euros para levar a cabo o seu proxecto.

O Centro Cultural de Visantoña é unha das sedes principais da Concellería de Cultura de Santiso. O centro está equipado para o desenvolvemento de diversas actividades de conciliación dos rapaces, talleres de memoria dos maiores, ademais de ser un punto de

encontro e ensaio para as asociación culturais locais como a Banda Escola de Música de

Visantoña, a Coral Polifónica e varios grupos de música tradicional.


A intervención contemplou a desmontaxe de carpintarías exteriores existentes. E a instalación de ventás de aluminio con rotura de ponte térmico, de follas practicables ou

abatibles, con apertura cara o interior, acabado lacado cor branca, con dobre vidro de baixa emisividade térmica e de seguridade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O proxecto permite unha mellora notable da eficiencia enerxética, reducindo de forma drástica o consumo de enerxía primaria non renovable e as emisións contaminantes

asociadas e mellorando a calidade do servizo que se presta á cidadanía,


Axudas 2025

A delegada da Xunta lembrou, na visita, que o Goberno galego impulsou estas axudas para a mellora de equipamentos culturais, na convocatoria de 2025, co apoio na comarca

de Melide, ademais de Santiso tamén recibiu outra achega o concello de Melide para a

instalación dun equipamento escénico no centro sociocultural Mingos e Pita por un importe

de 8.500 euros.

 PUBLICIDADE

Contacta con nós!
Contacta con nós!

Na provincia da Coruña recibiron estas achegas 22 concellos por un importe de máis de

201.000 euros e en Galicia se melloraron 44 infraestruturas, cun orzamento de 500.000 euros destinado a actuar en bibliotecas, arquivos e locais culturais municipais para modernizar estes espazos. Estas axudas serven para sufragar gastos de reformas, obras

de ampliación, mellora da accesibilidade e tamén para a adquisición de equipamento como material escénico, iluminación, son ou audiovisual.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page