Santiso acollerá o 26 de febreiro unha andaina, unha carreira a pé e unha ruta MTB
- Laura Moure
- 16 ene 2023
- 1 Min. de lectura
É unha iniciativa levada a cabo polo Concello en colaboración de Abeancos
Laura Moure/Santiso
No mes de febreiro volve a Santiso unha nova edición da iniciativa Entre amigos anda o conto. Esta naceu no ano 2021 e volve agora con forza, tal e como recalca o Concello de Santiso, que desta volta conta coa colaboración de Abeancos. Así chega esta actividade co nome Quedamos na ponte.

A cita terá lugar o 26 de febreiro. "Será unha xornada na que todos e todas podemos participar e gozar dun día de deporte e natureza. Nos vindeiros días sacaremos máis información. E si te queres sumar a esta iniciativa, os amig@s de Santiso acollen as túas ideas con ilusión!", subliña o ente local.
Incluirá unha andaina (6,5 quilómetros), unha carreira a pé (13 quilómetros) e unha ruta MTB (35 quilómetros). Nos dous primeiros casos a hora de partida será ás 10:00 horas e na ruta MTB, unha hora antes, ás nove da mañá.
Komentar