Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Santiso acollerá este domingo o espectáculo 'Sentido común'

Hai aforo limitado debido á pandemia e hoxe, venres, remata o prazo para anotarse


Laura Moure/Santiso

O novo centro cultural de Visantoña, no municipio de Santiso, albergará este domingo, día 14, o espectáculo Sentido Común. A cita será ás 19:00 horas e debido á crise sanitaria haberá aforo limitado. Por iso os interesados en asistir deberán reservar previamente a través do teléfono 981 818 501 e o prazo para anotarse remata hoxe, venres.


O espectáculo Sentido Común, de Tarabela Creativa, chega da man de Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde. Estes contadores reúnen as súas historias nun espectáculo de narración oral dirixido ao público adulto. Durante a sesión escoitaranse contos de sentimento de comunidade, de xente común e corrente (que é a que de verdade fai a historia con maiúsculas, tal e como indica a compañía) e tamén contos nos que se aplica ou nos que falta o menos común dos sentidos. Sen dúbida, será unha sesión na que non faltarán as risas, tan necesarias nesta época.



32 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE