Sanitarios non están de acordo cos horarios da liña de autobús que vai de Lalín aos hospitais
- ecosdacomarca

- 2 oct 2023
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
Hai unhas semanas a Xunta informaba da posta en marcha dunha liña de autobús dende Lalín ata os hospitais de Santiago de Compostela. Esta era unha gran demanda, sobre todo por parte do persoal sanitario desta zona que vai traballar a Compostela. Sen embargo, tras poñerse en funcioamento, chéganos as queixas, en especial, en relación aos horarios. Envíanos a queixa pública dunha destas sanitarias que relata o que moitos outros denuncian tamén:

"Os sanitarios estamos contentos coa liña de autobús de Lalín aos hospitais. O que non estamos de acordo e cos horarios. Non poden dicir que nos adiantan a saída da mañá, cando traballamos a turnos (non só de mañá coma os da Xunta). Temos entrada ás 8:00, ás 15:00 e ás 22:00 horas, o que implica ter que chegar a tempo en todos os turnos ( o que non estamos facendo xa que os de Conxo chegan case sempre tarde). A nós como traballadores do SERGAS, suponnos unha falta moi grave.
Polo que pedimos que se adianten todas as saídas de Lalín a das 6:35 horas da mañá, a das 13:35 do mediodía e a das 20:35 da noite. Hai que ter en conta que de aquí en diante o tempo vai ir a peor e a estrada non é para correr.
Por outro lado non entendemos como MONBUS, (SEN PREVIO AVISO E SEN XUSTIFICACIÓN ), nos retrasa as saídas da volta a casa, de 15:15 horas pasou a 15:30, co cal chegamos a partir das 17:00 a Lalín, e non podemos conciliar a vida laboral coa familiar. (Os que teñen rapaces non poden chegar a tempo a recollelos, xa que saen as 17:00 do colexio, igualmente os que teñen familiares o seu cargo). A saída da noite igual, despois de traballar toda a noite, cansa e con ganas de chegar a casa, resulta que a saída das 8:15 pasou as 08:30. REPITO TODO SEN XUSTIFICACION, NIN PREVIO AVISO POR PARTE DA EMPRESA MONBUS. ( Non sei se Mobilidade tiña constancia).
Cansos de escribir no libro de reclamacións, e que ninguén nos conteste, véxome na obriga de publicalo. Dende aquí fago un chamamento ás persoas que poidan axudar, para poder arranxar este problema que nos está a provocar un estrés.....
Para que quede claro, só pedimos adiantar as saídas de Lalín para chegar a tempo (6:35 - 13:35 - 20:35 horas). E tamén sería axeitado a parte de adiantar os horarios, que o autobús cando vaia de Lalín a Santiago fose directamente aos hospitais e despois a Intermodal, sería o máis lóxico, xa que os que temos que cumprir os horarios somos os que traballamos.
E os horarios de volta do Hospital de Conxo a Lalín como estaban dende o principio as 8:15 da mañá, ás 15:15 a mediodía e as 22:15 a noite".
NOTICIAS RELACIONADAS:
Anuncio do establecemento desta liña de autobús: https://www.ecosdacomarca.com/post/nova-li%C3%B1a-de-autob%C3%BAs-para-facilitar-os-desprazamentos-do-persoal-sanitario-desde-lal%C3%ADn-e-silleda
Anuncio das paradas en Boqueixón e Vedra: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-autob%C3%BAs-que-conecta-lal%C3%ADn-e-silleda-cos-hospitais-de-santiago-ter%C3%A1-paradas-en-boqueix%C3%B3n-e-vedra








Comentarios