top of page

Sanidade lembra que é obrigatorio inscribirse no rexistro de viaxeiros se se visita Galicia

Poderán facelo mediante o formulario dispoñible na web do Sergas ou mediante unha chamada telefónica ao 881 00 20 21


Laura Moure/Xeral

A Consellería de Sanidade lembra que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia e que estiveran dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica alta, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de se presentan síntomas ou non. A Xunta de Galicia ten como prioridade garantir a sáude da poboación galegas e, para elo, acadar unha detección e diagnose precoz de calquera infección por coronavirus, contribúe a protexer a saúde dos cidadáns.

A web da Consellería de Sanidade recolle a listaxe dos territorios cuxa incidencia epidemiolóxica require desta obriga, podendo ser tanto países extranxeiros coma outras comunidades autónomas. Esta listaxe actualízase quincenalmente, segundo sexa a evolución epidemilóxica de cadanseu territorio.

Neste senso, na actualidade deberán comunicar os seus datos de contacto as persoas que visiten Galicia e procedan das seguinte comunidades e cidades autónomas de España: Aragón, Asturias, Baleares, Castela e León, Comunidade Valenciana, Melilla, Navarra, Cataluña e País Vasco.

Así mesmo, todas aquelas persoas que procedan de calquera dos países do continente africano; ou nos seguintes países e territorios de América: Anguila, Barbados, Bonaire,San Eustaquio e Saba, Dominica, Ecuador, Groenlandia, Guatemala, Honduras, Illas Caimán, Estados Unidos, Nicaragua, O Salvador, Paraguai, Venezuela, Haití, Trindade e Tobago e Xamaica.

As persoas que estivesen nos seguintes países e territorios de Asia: India, Irán, Iraq, Líbano, Maldivas, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Singapur, Iemen e Xordania.

Excepcións

E aquelas que procedan de todos os países europeos con excepción de: Albania, Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Bosnia-Hercegovina, Cidade do Vaticano, Finlandia, Italia, Malta, Moldavia, Macedonia do Norte, Romanía e Suecia.

Finalmente, tamén deberan facilitar os seus datos persoais, os viaxeiros que procedan dos territorios de Oceanía: Illas Marianas do Norte.


Vías para anotarse

Para proporcionar esta información, poderase cubrir o formulario que está dispoñible na web https://coronavirus.sergas.gal/ ou subministrar os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. A todos os viaxeiros faciltaráselles un contacto por se tivesen algún tipo de sintomatoloxía, ben a través do seu médico de cabeceira se son residentes con tarxeta sanitaria en Galicia, ou a través do número de teléfono anteriormente citado para aqueles que non dispoñan dela.

Tamén se lles proporcionará información e recomendacións sanitarias e poderán adoptarse as medidas de seguimento, recoñecemento e control que se consideren necesarias. Cómpre destacar que a atención que se considere necesaria polos profesionais do Servizo Galego de Saúde, non terán custo para as persoas que a precisen, incluíndo a realización de probas diagnósticas ou, no seu caso, dos tratamentos indicados.

Os establecementos de aloxamento turísticos estarán obrigados a informar desta medida aos seus clientes; así como os responsables de axencias de viaxe, operadores turísticos, compañías de transporte aéreo ou marítimo e outros axentes similares ao inicio do proceso de venda dos billetes. Así mesmo deberán facelo ás empresas, que despracen aos seus traballadores por motivos laborais.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page