top of page

Sanidade e o Concello de Palas de Rei asinan un convenio para reformar o centro de saúde

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O investimento deste proxecto de mellora ascende a 39.780 euros, partida económica que será cofinanciada a partes iguais pola administración local e autonómica


Laura Moure/Palas de Rei

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Palas de Rei, Pablo José Taboada Camoira, asinaron un convenio de colaboración para a mellorar diversos aspectos do centro de saúde . No acto, estiveron acompañados polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, e polo secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada.

Asistentes á reunión.


O investimento deste proxecto de mellora ascende a 39.780 euros, partida económica que será cofinanciada a partes iguais pola administración local e autonómica. O centro de Saúde de Palas de Rei, require na actualidade dunha serie de actuacións para o acondicionamento e mellora das súas instalacións que se foron deteriorando co paso do tempo.


As obras previstas consisten no reforzo do sistema de emerxencia; a corrección de humidades; e a adecuación de espazos na área de arquivo PAC para localización do persoal técnico da ambulancia do 061. Tamén contempla a adecuación de espazos na área de estar e descanso do persoal do PAC ; a substitución de tubaxes de calefacción e auga quente sanitaria; e a pintura e revestimento en parámetros verticais e horizontais en zonas afectadas pola entrada de auga e condensacións.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page