Sandra Aldrey de Borboriño Xeados e Rocío Barreiro de Zafiro Tours gañan os Premios Mulleres con Luz
- Laura Moure

- 17 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Este recoñecemento foi outorgado pola Asociación de Mulleres Rurais da Comarca de Melide Alecrín durante a conmemoración do Día da Muller Rural
Laura Moure/Melide

A Asociación de Mulleres Rurais da Comarca de Melide Alecrín conmemorou o pasado sábado o Día da Muller Rural. Aproveitou a cita para renderlle unha homenaxe a todas esas mulleres que durante a pandemia coseron as 7.000 mascarillas repartidas neses difíciles momentos. "Xa que é de xustiza e temos un agradecemento pendiente pola súa soladaridade e o seu traballo", recalcou o colectivo. Ademais, tivo lugar a entrega da primeira edición dos Premios Mulleres con Luz, dirixido a emprendedoras do rural.
Ademais de celebrar cunha cea baile no restaurante Sony que estivo amenizada por Suso de Boente, durante a mañá tivo lugar unha xornada na que contaron coa presenza de Eva López Barrio do programa Woman Emprende da Universidade Santiago de Compostela (USC), coa influencer Beatriz Sangil, coa gandeira de Palas de Rei Ana da Cernada e con Sandra Aldrey de Borboriño Xeados.
E foi precisamente Sandra Aldrey de Borboriño Xeados e Rocío Barreiro de Zafiro Tours as que ganaron os Premios Mulleres con Luz.







Comentarios