top of page

Salimat Abanca estréase como stand de Auténtica Premium Food para promocionar o 30º aniversario

15 sept
2 min de lectura

Esta cita celebrarase en Silleda do 3 ao 6 de xuño do vindeiro ano


Laura Moure/Silleda

O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, celebra o seu 30º aniversario do 3 ao 6 de xuño do vindeiro ano. Unha cita especial que xa comezou a promocionar noutros eventos como parte da súa estratexia comercial, xa que a participación en feiras supón unha das ferramentas máis efectivas para sumar expositores. Así, está a darse a coñecer entre os participantes de Auténtica Premium Food, feira de alimentación e bebidas premium para a gran distribución, retail, horeca e alta gastronomía que se celebra en Sevilla onte e hoxe.

Salimat Abanca acode a este evento baixo o paraugas da Xunta de Galicia, dispoñendo dun espazo no stand que a Consellería do Mar ten neste certame. Ademais, está presente un equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA encabezado polo seu director, Ricardo Durán, tanto para atender aos asistentes como para visitar a moitas das empresas e entidades presentes.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Trinta edicións sendo referente

O salón Salimat Abanca celebra o seu trinta aniversario apoiado pola súa traxectoria como espazo de referencia e tamén polo seu constante crecemento nos últimos anos, que o levou a acadar en 2026 récord de expositores directos, ao reunir 297 empresas e entidades. Ademais, nos seus Encontros Internacional de Compradores propiciou preto de 1.200 reunións de negocio nas que 130 empresas mostraron os seus produtos a 31 importadores e distribuidores alimentarios de quince países, como son Austria, Bélxica,

Canadá, Colombia, España, Emiratos Árabes, Estados Unidos, Irlanda, México,

Panamá, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suíza e, como debutante, Honduras.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Unha presenza expositiva e uns encontros B2B que converteron a este salón nun auténtico foro alimentario e gastronómico que, xunto coa 48ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, recibiu a 109.480 visitantes.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page