top of page

Sacar unha foto estes días en Arzúa pode ter premio!

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Laura Moure/Arzúa

Arzúa Turismo convoca un concurso de fotografía dende hoxe, Xoves Santo, ata o domingo 11 ás 20:00 horas. A acción promocional é de carácter gratuíto e está dirixida a residentes en territorio español seguidores do perfil de Facebook de Arzúa Turismo. Os participantes deberán cumprir todas as condicións que a rede social determine. Serán tres os gañadores.


Quen desexe participar deberá cumprir coas seguintes condicións: ser seguidor da páxina oficial de Arzúa Turismo na rede social de Facebook e enviar ao correo electrónico info@turismoarzua.gal o seguinte:

Nome e apelidos e unha fotografía nalgunha destas localizacións: (Exemplos: Castro Curbín, Fervenza das Hortas, Capela da Madalena, Capela da Mota, Área recreativa de Ribadiso, Ponte Romana de Ribadiso, etc.).


Arzúa Turismo será a encargada de subir á súa páxina oficial de Facebook as imaxes que envíen os concursantes, para que todo o que queira participar poida darlle á foto que escolla un Me gusta e serán gañadoras as tres que obteñan máis Me gustas.


A participación está limitada a unha fotografía por usuario/perfil e cada usuario/perfil poderá optar a un só premio.


Premios

O organizador distribuirá tres lotes de queixos entre os tres gañadores, que serán elixidos entre os participantes coa imaxe máis votada na páxina oficial de Arzúa Turismo en Facebook. Os premios serán os seguintes:

• Lote de Queixos da Queixería Barral

• Lote de Queixos da Queixería Galmesano

• Lote de Queixos de Verbas


O resultado será publicado oficialmente o vindeiro martes, 13 de abril de 2021. A partir desa data, cada gañador terá un prazo de sete días naturais para poñerse en contacto co organizador a través do email ao que enviou a súa fotografía, onde comunicará os seus datos persoais, un enderezo para o envío do premio e un teléfono de contacto.


As bases do concurso poden consultarse no perfil de Facebook de Arzúa Turismo.

O encoro de Portodemouros, en Arzúa.

Autor: Arzúa Turismo


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page