O Executivo galego pon así a disposición das empresas preto de 745.000 metros cadrados de solo empresarial con bonificacións do 50 ou 30 % do seu prezo
Ecos da Comarca/Melide/Monterroso
A Xunta de Galicia saca a concurso preto de 227.000 metros cadrados de solo empresarial propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) poñéndoos a disposición das empresas interesadas. O concurso materialízase no anuncio publicado este luns polo Diario Oficial de Galicia (DOG) para a adxudicación de solo empresarial distribuído en 84 parcelas de 17 parques empresariais, entre eles no de Melide e Monterroso.

A meirande parte dos parques teñen unha bonificación do 50 % -aplicable a todos os parques das provincias de Lugo e Ourense e aos emprazados en Ferrolterra- e o valor total do solo incluído no concurso, a prezo bonificado, rolda os 10 millóns de euros.
Publicidade
NO Executivo galego pon así a disposición das empresas preto de 745.000 metros cadrados de solo empresarial pois a estas parcelas propiedade do IGVS engádense os arredor de 518.000 metros cadrados -repartidos en 251 parcelas de 20 parques- do concurso publicado por Xestur Galicia o pasado 13 de febreiro.
As parcelas propiedade do IGVS adxudicaranse en réxime de compravenda e os adxudicatarios estarán obrigados a construír as súas instalacións e obter a licenza de actividade no prazo máximo de tres anos desde a formalización da compravenda en escritura pública. O prazo das empresas para presentar ofertas polas distintas parcelas estará aberto ata o 27 de marzo.
Publicidade
Concurso de Xestur
O procedemento aberto pola empresa pública Xestur para a adxudicación de 251 parcelas repartidas en 20 parques empresariais -cunha superficie de preto de 518.000 metros cadrados- prevé bonificacións do 50 ou 30 % sobre o seu prezo orixinal, dependendo do emprazamento dos mesmos.
No caso de Melide (1ª fase) son dúas parcelas dun total de 4.680 metros cadrados cun prezo bonificado mínimo e máximo de 35,62 euros o metro cadrado.
Mentres en Monterroso correspóndese con 23 parcelas cun total 39.403 metros cuadrados e cuxo prezo bonificado está entre os 17,20 - 18 euros o metro cadrado.
Publicidade
Neste caso, o prazo que teñen as empresas para a presentación de ofertas remata o 12 de marzo. As bases do concurso de Xestur e a relación de parcelas ofertadas poden consultarse na web da sociedade e no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/87918/xunta-saca-concurso-cerca-227-000-metros-cuadrados-suelo-empresarial-propiedad?langId=gl_ES
Comments