En ECOS DA COMARCA sorteamos dúas entradas dobres
Laura Moure/Melide
A gran xira de Sabela, a artista galega que quedou finalista en Operación Triunfo 2018, toca terras galegas a finais deste ano e comezos do seguinte. Tras o arranque o pasado 28 de setembro na Sala Ruído de Ferrol, Sabela actuará mañá, sábado 9 de novembro, no Pub Gatos de Melide.

O concerto arrancará entre as 23:30 e 00:00 horas. Baixo o nome de “Hi, My Love Part”, Sabela está inmersa nun percorrido por nove salas nas que presentará o seu novo son e a súa nova música, pertencente ao EP que espera publicar a finais deste mesmo ano. As
entradas para o concerto de Melide e o resto da xira pódense conseguir en
sabelamusic.es e enterticket.es.
A artista galega chega ao Pub Gatos despois de levar o seu directo a algunhas das grandes cidades de España. En 2024, a de Ourol tocou en grandes salas de Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Oviedo, León, Valladolid, Xaén, Salamanca, Logroño,
Ponferrada, Palencia e Tafalla. Tamén foi a protagonista de festivais como o Festival
do Pasatempo ou SonRías Baixas, así como de Galicia Escena PRO, a maior feira de
artes escénicas de Galicia, cun concerto en Santiago de Compostela co que puxo fin á
primeira parte da súa xira. Sumando as datas anunciadas, o tour de Sabela escala a
25 presentacións en vivo.
Publicidade
En Melide, Sabela presentará o seu novo tema “Eu Espero Aquí”. Unha proposta ambiciosa de levar o seu xa característico pop electrónico a un son máis internacional,
pero mantendo ben presentes as súas raíces. Este sinxelo é o segundo adianto, tras
“Hi, My Love”, do seu novo EP, que espera ver a luz en medio do tour, a finais deste
ano 2024.
Entradas
Prezo: 12€ +gx anticipada / 16€ taquilla. En ECOS DA COMARCA sorteamos dúas entradas dobres. Podes participar nas nosas redes sociais ata hoxe, venres, ás 14:00 horas. No vídeo explicamos como:
Comments