Sabela actuará no Pub Gatos de Melide o 15 de febreiro
- Laura Moure

- 6 feb 2025
- 2 Min. de lectura
Xa están á venda as entradas
Laura Moure/Melide
A gran xira de Sabela chega ao seu final a comezos deste ano. Tras o arranque o pasado 28 de setembro na Sala Ruído de Ferrol, Sabela pechará o seu circuíto por salas galegas o vindeiro sábado 15 de febreiro no Pub Gatos de Melide. O concerto arrincará ás 23:30 horas.

Baixo o nome de “Hi, My LovePart”, Sabela está inmersa nun percorrido por 9 salas nas que presentará o seu novo son e a súa nova música, pertencente ao EP que espera publicar neste mesmo ano. As entradas para o concerto de Melide e o resto da xira pódense conseguir en sabelamusic.es e enterticket.es
Publicidade
A artista galega chega ao Pub Gatos despois de levar o seu directo a algunhas das grandes cidades de España. En 2024, a de Ourol tocou en grandes salas de Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Oviedo, León, Valladolid, Xaén, Salamanca, Logroño, Ponferrada, Palencia e Tafalla. Tamén foi a protagonista de festivais como o Festival do Pasatempo ou Sorrías Baixas, así como de Galicia Escena PROL, a maior feira de artes escénicas de Galicia, cun concerto en Santiago de Compostela co que puxo fin á primeira parte da súa xira.
Sumando as datas anunciadas, o circuíto de Sabela escala a 25 presentacións en vivo. En Melide, Sabela presentará os seus novos temas, entre os que se atopa “Eu Espero Aquí”. Unha proposta ambiciosa de levar a súa xa característico pop electrónico a un son máis internacional, pero mantendo ben presentes as súas raíces. Este sinxelo é o segundo adianto, tras “Hi, My Love”, do seu novo EP, que espera ver a luz proximamente.
O prezo das entradas:12€ +gg anticipada / 16€ taquilla. Venta online: https://sabelamusic.es/conciertos/








Comentarios