top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Sabías que?

Actualizado: 5 oct 2021

Ecos da Comarca/Xeral

Sabías que onte foi o día internacional dos animais? Si. Hoxe celébrase o día internacional destes seres vivos e como non podía ser doutro xeito temos que falar dun dos que atopamos moi a miúdo na nosa zona. Falamos das píntegas ou salamandras.


Por que este animal e non outro?

Optamos por este animal, xa que é un anfibio inxustamente maltratado pola cultura popular. E pretendemos que despois do "Sabías que" de hoxe, esta visión cambie e comecemos a aprecialas pola súa beleza innata.


Que son as píntegas ou salamandras?

O seu nome científico é Salamandra salamandra, e a subespecie que case con toda seguridade atoparemos nas comarcas é a subespecie gallaica, na zona recibe diferentes nomes que varían segundo a localidade ou incluso a aldea. A máis empregada é a de Píntega, pero sacabeira, salamandra ou roncha son nomes que escoitaremos para referirnos á nosa colorida salamandra.


A salamandra é velenosa?

Autor: Ecos da Comarca.

A salamandra sempre estivo rodeada de mitos e lendas.

Na natureza as cores amarela e negra adoitan ser un sinal de perigo, ás veces é un perigo real e outras é un simple farol. No caso da salamandra é case máis un farol que calquera outra cousa. Cando a salamandra está ameazada, ad


opta unha postura defensiva, arqueando o corpo e mostrando as súas cores de advertencia. Por se isto non fora suficiente, comezará a segregar un fluído esbrancuxado que contén unha toxina irritante ao contacto a través das glándulas que atravesan a súa cabeza e con membranas mucosas e zonas sensibles, basicamente é unha defensa contra a picadura de posibles depredadores que intentan comelo. Para os humanos é absolutamente inofensivo, podemos manipulalos sen medo, aínda que tomando a precaución de lavarnos as mans despois en caso de tocarnos os ollos ou os beizos e así evitar posibles molestias.

  • Coñecías estas curiosidades da salamandra?

  • Sabes doutro animal que tamén é maltratado pola cultura popular e sabes por que?

  • Como estamos no día internacional do animal, gustaríanos coñecer ás túas mascotas. Vémolas en comentarios


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page