Ecos da Comarca/Xeral
Hoxe, 11 de novembro, celébrase o Día do Solteiro.
Sabes onde xurdiu esta tradición?
Esta data xurdiu en China, pero xa se estendeu a todo o mundo. Ten como obxectivo celebrar o orgullo de ser solteiro e actualmente converteuse nunha das celebracións máis importantes do comercio online.
Dende cando se conmemora?
A cita ten a súa orixe na Universidade de Nankín que a promove dende 1993. Tamén coñecida como "dobre once" por celebrarse o 11/11, é unha data que busca diminuír un pouco os niveis de tensións na sociedade chinesa onde o matrimonio é un paso importante sobre todo para os membros masculinos. Debido ao férreo control da natalidade nese país, hoxe en día hai moitos máis homes que mulleres e casar volveuse unha tarefa titánica.
Comments