top of page

Sabías que?

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral


Sabedes por que as botellas de viño son de 75 centilitros?


O certo é que non existe unha única teoría e tampouco se pode dicir cal é a correcta.


Sabedes cales son algunhas delas?

  1. Antigamente, esa era a cantidade de viño que se considerou a adecuada para ser consumida diariamente por unha persoa durante a hora do xantar, sobre todo pensando nos obreiros que tiñan que continuar coa súa labor despois da comida. Se se superaba esta cantidade, podía resultar perigoso.

  2. Fíxose de 75 centilitros porque é a cantidade exacta que colle en seis copas esta bebida.

  3. Durante o século XIX adoptouse unha unidade de medida no Reino Unido coñecido como galón imperial que equivalía a 450 centilitros. Cando os vinicultores franceses empezaron a comerciar cos ingleses viron que estes facían os pedidos en galóns e como tiñan que mandalos en caixas nas que collían seis botellas decidiron facer os envases de 75cl que daba como resultado un galón imperial.

  4. Cando comezouse a envasar viño, as botellas de vidro facíanse artesanalmente, unha a unha, a base do método do soplado e a capacidade pulmonar media dun destes traballadores era aproximadamente de 80 cl, así que se optou por facelas de 75 cl para facilitar esta labor.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page