top of page

Sabías que?

Ecos da Comarca/Xeral

Sabías que tal día coma hoxe naceu unha ferramenta que empregamos basicamente todos os días e que nos permite buscar con maior rapidez? Si, hoxe fai 23 anos que naceu Google.


Quen son os seus artífices?

Sergey Brin, un dos fundadores de Google, coñeceu a Larry Page na Universidade de Stanford cando lle ensinaba a escola porque Page era un estudante novo. Foron os dous quen crearon o documento orixinal que describía o funcionamiento de Google. Pretendían ir máis alá de contabilizar a cantidade de palabras clave usadas. O software que crearon tivo en conta outros factores como a relación entre as páxinas web para determinar con máis precisión a súa posición no ranking.


No ano 1997 rexistraron o dominio Google.com, e un ano despois xa estaba dispoñible na web.


"Gúgol"

Desta maneira, Google celebra o seu aniversario cada 27 de setembro, xa que foi nesa data no ano 1998 cando lanzaron o seu buscador de forma oficial, aínda que en realidade, a verdadeira historia de Google xorde o 15 de setembro de 1997 cando Google.com quedou rexistrado como dominio.


O seu curioso nome é unha variación do termo matemático googol (“gúgol”), que representa a un seguido de 100 ceros, unha cifra xigantesca, case infinita. O nome sempre insinuou que o fin principal dos fundadores de Google, Brin e Page, é organizar unha cantidade infinita de información en Internet e que esta lista teña sentido.





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page