Saír no xornal para lograr unha cama de hospital
- Laura Moure
- 11 jul 2022
- 1 Min. de lectura
O rodeirense que hai seis días reivindicaba en ECOS DA COMARCA o dereito de poder operarse, ingresará esta semana
Laura Moure/Rodeiro

Hoxe temos que dar unha boa noticia. Hai seis días en ECOS DA COMARCA publicamos a historia dun matrimonio de Rodeiro que reivindicaba unha cama para poder operarse. El padece dende hai dous anos varices esofágicas. Tiña previsto operarse o pasado 28 de xuño, pero primeiramente por unha avaría en quirófonos, e despois, segundo indicou a súa esposa por non haber camas, estaba aínda agardando. Puxéronse en contacto con nós e tras a nosa publicación conseguiron o seu obxectivo, que non é outro que se cumpra o dereito que temos todos a unha Sanidade digna.
"Tras a noticia puxéronse en contacto conmigo varias persoas e ao día seguinte xa nos chamaron do hospital", apunta a súa muller. O día 8 tivo que ir facer o preoperatorio e o día 13 deste mes ten previsto ingresar.
O equipo de ECOS DA COMARCAR alegrámonos de poder aportar o noso graniño de area en algo que é o máis importante dunha persoa: a nosa saúde.
Toda a información da noticia que sacamos sobre a historia deste paciente de Rodeiro no enlace:
コメント