top of page

Saír de festa ao San Roque a Melide e atoparte co coche volcado

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Isto pasoulle a un veciño de Vila de Cruces na madrugada deste venres


Ecos da Comarca/Melide/Cruces

Un veciño da parroquia cruceña de Toiriz foi este xoves á festa do San Roque a Melide.

Todo transcurríu con normalidade, desfrutando dunha noite cos amigos, pero a xornada acabou cun desgusto. Tras finalizar a festa este mozo atopouse co seu coche volcado.

Vehículo envorcado. Foto cedida polo afectado
"Estabamos tomando algo uns amigos máis eu. Cerrou todo a iso das tres da mañá e cando saímos para fóra veu un chaval correndo onda min e díxome que había un Clío volcado. Pregunteille de que cor era e cando me dixo vermello xa fomos correndo onde aparcara e xa o vin de lado", apunta o afectado, que conta que se puxo súper nervioso.
"Que broma é esta?", pensou.

Non desconfía de ninguén e cre que puido tratarse dunha broma de certas persoas que se lles foi da man.


"Igual o quixeron levantar un pouco e como había algo de costa, se cadra pasáronse de inclinación e aí vai", pensa, pero considera que non é unha broma para facerlla a ninguén.

Por iso, pide a colaboración cidadá por se alguén viu o sabe algo, porque este tipo de "broma" provocoulle un mal trago ademais de danos no coche.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page