top of page

Saída de vía na parroquia lalinense da Veiga


Ecos da Comarca/Lalín

Foto de arquivo.

Este domingo produciuse un accidente de tráfico no municipio de Lalín. No mesmo viuse implicado un único vehículo. O 112 Galicia foi alertado ás 11:21 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Foi un particular o que avisou ao 112 Galicia. Tal e como informa este organismo, o suceso ocorreu na N-640 á altura aproximada do quilómetro 158 na parroquia da Veiga.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

"O coche quedou envorcado lateralmente e aínda que os ocupantes sairon polo seu propio pé algún deles precisaba asistencia sanitaria", informa o 112 Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Con estes datos alertouse a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Deza, á Garda Civil, ao GES de Lalín, á Policía Local e a Protección Civil.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page