Ecos da Comarca/Arzúa
Este luns rexistrouse un accidente no municipio de Arzúa. O 112 Galicia foi alertado ás 10:10 horas.
Publicidade
No mesmo viuse implicado un único vehículo, xa que como informa o 112, tratouse dunha saída de vía na N-547, á altura do quilómetro 54 na parroquia de Boente. O vehículo saiuse da vía e chocou contra o quitamedos.
Publicidade
"Chamounos un particular e indicounos que cría que había unha persoa ferida, despois outro particular decíanos que non estaba ferido e os bombeiros de Arzúa que se desprazaron ao lugar, comunicáronos que non había ninguén atrapado", sinala o 112.
Publicidade
Foron avisados, ademais dos Bombeiros de Arzúa, Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o Servizo de Mantemento da Estrada.
Kommentare