Accidente leve no munipio palense,
produciuse nun lugar de difícil acceso e con moita maleza
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Os servizos de emerxencia tiveron que intervir na mañá de hoxe para axudar a unha persoa que saíuse da vía co seu vehículo cando circulaba pola estrada de Palas de Rei, dirección Lugo. Nesta ocasión, a propia persoa implicada chamou ao 112 Galicia para pedir auxilio preto das oito horas da mañá de hoxe.
No seu relato, dicía que, aínda que se atopaba ben, non era quen de abandonar o vehículo pois a zona onde produciuse o accidente estaba cuberta de maleza e iso dificultaba a apertura das portas.
Decontado, desde o 112 informouse dos feitos aos Bombeiros de Chantada e ao GES de Monterroso. Unha vez no lugar, os efectivos de intervención puideron sacar a persoa do interior do coche e confirmaron que se atopaba en bo estado.
Para prestar apoio neste operativo, os xestores de emerxencias avisaron tamén aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros de Protección Civil da localidade.
*Cabe mencionar que esta información foi proporcionada polo 112 Galicia.
コメント